lunes, 4 de junio de 2012

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Mañá, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Este ano, a sede onde se vai celebrar esta data é Río de Xaneiro (Brasil). Co lema: “Economía verde:¿inclúete?” a Organización das Nacións Unidas, ten como obxectivo sensibilizar a través dos temas medioambientais a todo o Planeta, motivando ás persoas para que cooperen e sexan seres activos ante a natureza.
Todos contamos e está nas nosas mans poder ter un futuro máis limpo e verde realizando accións como: organizar unha limpeza do noso barrio e dos bosques do entorno, reciclar, plantar unha árbore, ir camiñando ao traballo, usar a bicicleta…
No C.R.A de Ribadumia elaboramos o noso cartel para conmemorar este día con traballos feitos polos nenos sobre o coidado e protección da biodiversidade.

Durante esta semana, na aula de natureza, lembraremos a importancia desta data e as cousas que nos podemos facer para coidar o medioambiente


No hay comentarios:

Publicar un comentario