miércoles, 13 de noviembre de 2013

MÁIS PLANTAS PARA O NOSO XARDÍN


O luns foron os nenos de Leiro os encargados de seguir enchendo de flores o noso xardín.

As plantas escollidas foron: col decorativa, crisantemo e ciclamen.

Antes de realizar esta tarefa estivemos buscando eirugas na col decorativa, xa que algunhas das súas follas estaban comidas.

E a pregunta sería… como chegan ata as follas as eirugas? Pois a resposta é… a bolboreta branca que fai a súa posta de ovos, de cor laranxa,  no envés das súas follas e nada máis eclosionar as pequenas eirugas que van saíndo as van comendo. Despois refúxianse na terra para a fase crisálida ( o insecto esta oculto nunha cápsula ) e por último transfórmanse en bolboretas adultas.

Aínda que buscamos e buscamos para poder ver o seu proceso de transformación, non atopamos ningunha…










Como nas aulas están levando a cabo un proxecto sobre Xapón, tamén trouxemos crisantemos que é a flor que aparece representada no escudo deste pais.
Agora queremos amosarvos algunhas fotos dos nenos plantando…


  COLES DECORATIVAS                                                                                 CRISANTEMO



                                                                                 CICLAMEN


Despois na aula de natureza estiveron escribindo os nomes das plantas.



Se queredes ver máis, pinchade AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario